O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destaca os “dous anos e medio de progreso para A Baña” co goberno municipal liderado por José Antonio Pereira, rexeitando a moción de censura materializada hoxe polo PP, co apoio de Compromiso por Galicia.
Para os socialistas galegos, a moción “é unha volta ao pasado que non respecta o cambio que pediron os veciños da Baña nas últimas eleccións municipais nin os avances para o concello dos últimos dous anos”.
O PSdeG considera que esta moción de censura “responde exclusivamente a ambicións e intereses persoais”.
“Os socialistas seguirán traballando polos veciños e veciñas da Baña, poñendo os intereses da cidadanía por enriba de calquera interese persoal ou partidista”, engade González Formoso.
O PSdeG amosa o seu convencemento “de que os veciños e veciñas falarán claro nas próximas municipais”, incidindo no seu apoio a José Antonio Pereira e ao conxunto da agrupación socialista local.