O líder dos socialistas galegos pon de relevo os avances sociais impulsados polos gobernos socialistas: “A única forma de que a xustiza social e a igualdade avancen é da man do PSOE”
Critica o seguidismo a Casado e Ayuso de “presidentes sen personalidade política propia, como Feijoo” na súa oposición á “revolucionaria” lei de vivenda
O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, defendeu hoxe un PSdeG “útil” fronte aqueles que “poñen paus nas rodas do progreso”. Fíxoo en Vigo, na súa intervención durante a clausura do IV Congreso Provincial de Pontevedra, onde proclamou que “a única forma de que a xustiza social e a igualdade avancen é da man do PSOE”.
Con esta premisa, Valentín González Formoso sinalou que “cada vez que hai un socialista o unha socialista ao fronte dunha institución se poñen en valor as grandes bandeiras socialdemócratas que fixeron avanzar este país”. A primeira delas, indicou, é a “protección social e a promoción da igualdade entre homes e mulleres”, que “un sinal prioritario na nosa xestión”.
En segundo lugar, incidiu na aposta “por un modelo económico moi distinto do Partido Popular” onde “o talento é capaz de sentirse cómodo nas nosas vilas e onde se lle pon coto á especulación”. Ese modelo socialista tamén “permite ofrecer dereitos e protección social a aqueles que máis o necesitan”, indicou.
Como terceiro eixo das políticas socialistas, falou da “sustentabilidade” nas nosas cidades e vilas, cun deseño pensado para “xeracións futuras”, no que se “creen espazos de convivencia” fronte á especulación inmobiliaria e onde “a agresividade urbana non teña relevancia”.
“Estas son”, incidiu o líder do PSdeG, “as bandeiras que se seguen en cada un dos concellos e institucións onde goberna un socialista o unha socialista”. E precisamente, subliñou, esta aposta “polos valores socialdemócratas e a vangarda social” é a razón pola que “a compañeira Carmela Silva é un obxectivo político”.
“É por este motivo”, advertiu Valentín González Formoso, “polo que, aqueles que van a misa de unha, dez minutos despois dan orde de embarrar o campo político e de destruír ás persoas”. “Teñen necesidade de facelo porque queren volver atrás en Pontevedra, queren volver atrás en Vigo e queren poñer de paus nas rodas ao progreso de esta provincia e de Galicia”, lamentou.
AVANCES SOCIAIS DO PSOE FRONTE MODELO DE CONFRONTACIÓN DO PP
Fronte a estas actitudes, o secretario xeral do PSdeG defendeu un modelo “construtivo e propositivo”, un modelo “francamente distinto, que sexa optimista, que sorría, que ilusione e, sobre todo, que sexa útil á sociedade”. Como exemplo desa utilidade salientou os avances que están impulsando coas políticas desenvolvidas dende o goberno central.
A pesar da pandemia -e malia que “moitas veces temos que apagar a televisión por vergoña allea de como se comportan algúns pola súa falta de altura de miras e de compromiso co país”- estamos a cumprir co compromiso da reactivación económica, social e laboral”, louvou González Formoso. Así, puxo o acento en que “se afrontaron grandes retos estruturais de país como non se fixo nin sequera en momentos de maior estabilidade”.
Nesta liña, remarcou que “cumprimos” no ámbito da reforma das pensións -para protexer a aqueles que o deron todo polo seu país e que xa non teñen capacidade de defenderse a si mesmos- ou na reforma laboral -que vai cambiar a vida dos traballadores e traballadoras-. En paralelo, tamén fixo fincapé na nova lei de formación profesional, que significa unha partida de 2.200 millóns de euros nos orzamentos do Estado, ou na lei da vivenda.
FEIJOO, UN PRESIDENTE SEN PERSONALIDADE POLÍTICA PROPIA
Con respecto a isto, lembrou que esa lei é “absolutamente revolucionaria” no ámbito da protección dun dereito constitucional. Por iso, criticou a oposición a esta norma que están facendo as comunidades lideradas por Casado e Ayuso, ao tempo que censurou o seguidismo que lles está a facer “un presidente sen personalidade política propia, como Alberto Núñez Feijoo”.
Así, Valentín González Formoso cualificou de “incomprensible” que “poña por diante os intereses de Casado e de Ayuso fronte aos de aqueles rapaces e rapazas en Galicia que teñen francas dificultades para poder manter a súa independencia económica e para poder iniciar o seu proxecto vital de vivenda polo custe da vivenda”.
Nun escenario caracterizado polo “modelo de confrontación” que están a practicar o PP e outras forzas, González Formoso advertiu que “temos por diante unha enorme responsabilidade como partido de cara ás próximas eleccións municipais”. Por iso, fixo un chamamento a pensar en que estamos nun “momento crucial para un partido de clara vocación municipalista e que sabe que o respaldo nos concellos é a gran panca que a socialdemocracia impere en las institucións”.
Consciente de que será “unha labor intensa pero ilusionante”, Valentín González Formoso expresou o seu convencemento de que “seremos capaces de ofrecer un proxecto comprometido co país, que entenda a cada unha das localidades e que nos permita converter ao Partido Socialista de Galicia na forza política maioritaria”.
Nesta liña, remarcou que o resultado das municipais e a construción “desta panca política” dende o municipalismo, “terá moita influencia en que sexamos capaces de recuperar o que tanto arelamos como socialistas: o goberno do noso país”.
RECONECTAR COA SOCIEDADE GALEGA
Na clausura do Congreso Provincial do PSdeG en Pontevedra -co que conclúe o proceso no que resultou reelixido David Regades como secretario provincial- Valentín González Formoso tamén remarcou que “o noso fin último non só nas primarias senón que a sociedade nos considere merecedores da súa confianza política”.
Deste proceso de renovación de estruturas “tan intenso” en todos os niveis, “a conclusión que sacamos todas e todas é que somos un partido moi vivo, que goza dunha enorme saúde e dunha enorme capacidade de conexión coa sociedade”. Pero, sobre todo, subliñou, “é un partido que segue mantendo a esencia coa que se fundou hai 142 anos” e, polo tanto, “seguimos a ser o instrumento máis útil á sociedade española, galega e pontevedresa”.
Finalmente, quixo agradecer “enormemente o apoio que sinto entre a militancia, entre as estruturas do partido a nivel provincial e a nivel local e entre a sociedade galega”. “Creo”, afirmou, “que se nos está dando a oportunidade de reconectar con ela”.
Nesta liña, o secretario xeral do PSdeG recordou que “en pouco tempo tivemos a posibilidade de facer propostas en diferentes eidos, como o da sanidade, o do mar ou o da carne, e en pouco tempo tivemos a oportunidade de falar das cuestións que preocupan á cidadanía”.