Julio Torrado, voceiro da Executiva, esixe ao presidente da Xunta transparencia, que aclare se o proxecto de comercializadora enerxética contará cunha verdadeira participación pública e que non se convirta “nunha oportunidade perdida para avanzar cara a un sistema enerxético equitativo e sostible”
O portavoz da executiva do PSdeG, Julio Torrado, criticou hoxe o anuncio de Alfonso Rueda sobre unha nova comercializadora de enerxía, calificándoo de “confuso e oportunista”. Torrado subliñou que o propio Rueda, ao longo dos últimos anos, desbotou sistematicamente propostas que os socialistas galegos levaron ao Parlamento de Galicia para a creación dun sistema enerxético xusto e sostible, para agora retomar esas mesmas ideas, pero condicionadas aos intereses das grandes enerxéticas.
“Rueda fai un anuncio importante, pero aínda non se dignou a explicalo de maneira clara. Non se concretou nada sobre como será a participación pública e temos razóns para sospeitar que isto non será máis que unha manobra encuberta para beneficiar o sector privado, como xa vimos noutras ocasións”, afirmou Torrado.
O socialista tamén lembrou que o Goberno do PP na Xunta foi o responsable do parón eólico, opoñéndose ás medidas de impulso das enerxías renovables e apoiando a queima de carbón. Agora, din querer impulsar a descarbonización, pero fano sen claridade nin compromisos firmes.
“O mesmo goberno que rexeitou a excepción ibrica, que abaratou os prezos da enerxía para os cidadáns, non pode esperar que confiemos nun sistema enerxético onde as grandes empresas privadas teñan tanto control,” advertiu Torrado.