Sinala que se están desaproveitando “moitísimos cartos” que “son fundamentais para o sector do mar”
A voceira de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, denunciou hoxe baixa execución orzamentaria da Consellería do Mar cando “non é unha cuestión puntual, senón estrutural”, xa que “vemos como, ano tras ano, esa baixa execución orzamentaria continúa”. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Pesca do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta oral ao goberno galego.
“Estanse a desaproveitar moitísimos cartos que son fundamentais para o sector do mar”, alertou a responsable socialista ao lamentar que malia que a Xunta inclúe “palabras bonitas” e “moitas accións definidas nas súas propostas” de orzamentos, despois “na realidade non se executan” as partidas.
Como exemplo, a voceira socialista incidiu na baixa execución orzamentaria da partida 723A relativa á competitividade e mellora da calidade de produción pesqueira e acuicultura que para 2022 ronda os 84 millóns de euros. “Parece unha partida importante, pero se despois os cartos quedan aí e non se executan, de nada sirve”, censurou.
Neste sentido, Otero lamentou o estado desta partida nos últimos anos cando, no ano 2017, a Xunta deixou sen executar 6 de cada 10 euros orzamentados; no ano 2018, só se executou o 23% do crédito ornamentado; no ano 2019, quedou se executar un 64% da partida e, no ano 2020, quedaron sen executar máis de 17 millóns de euros.
De feito, censurou, a segundo trimestre de 2021, tan só se executou o 9,6% da partida orzamentaria. “Ímonos preocupados”, alertou, e máis cando a Xunta di que esta circunstancia “está en termos de normalidade”.
A situación, lamentou, faise extensible ao resto da Consellería do Mar cando, no ano 2018, deixaron sen executar a metade do orzamento consignado de toda a consellería, o que supón que a Xunta “non fai unha aposta decida polo sector” para fomentar a pesca sostible, incentivar investimentos ou tomar medidas para a recuperación da comercialización.