A portavoz de Función Pública do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre as irregularidades detectadas nas oposicións aos postos de psicólogos e traballadores sociais da Xunta celebradas en marzo. Sinala que estas probas incumprían os requisitos, inclúan preguntas imprecisas, con criterios de corrección contraditorios e vulneran o principio de igualdade.
Castro leva á Cámara as denuncias dos colexios profesionais de psicólogos e traballadores sociais fronte a unhas probas que incumprían os criterios mínimos esixibles, partindo duns tribunais configurados sen profesionais con formación específica de cada unha das especialidades que suxeito de exame.
A responsable socialista denuncia que esta situación demostra “o desleixo da Consellería de Facenda, que amosou dende un inicio unha falla de respecto total cara estas profesións”. Só así explica o rosario de irregularidades detectadas, con “preguntas cheas de imprecisións, mal formuladas ou cunha formulación errónea, e ademais sobre materia fóra de temario”.
Ademais, continúa, a convocatoria foi realizada sen especificar os criterios de corrección, que unha vez foron publicados puideron observar como “atendían a uns criterios incomprensibles e cheos de contradicións”. Ademais, remata, vulneran o principio de igualdade, ao repetir as preguntas na proba que fixeron nunha data posterior os aspirantes illados por mor da covid.