censura a “desidia” do Concello, que ten relegado ao corpo a un local pequeno, sen calefacción e que non reúne as condicións de seguridade para gardar a maquinaria
A portavoz de Interior do Grupo Socialista, Paloma Castro, lamentou o voto en contra do PP á proposta que levou hoxe á Comisión Institucional do Parlamento para reclamarlle á Xunta que se implique e garanta un local “digno” para a sede de Protección Civil de Ribadumia. Os 30 voluntarios deste corpo levan dende setembro instalados de forma provisional na Casa de Cultura de Besomaño polo derribo do local anterior, na rúa Condesa.
A responsable socialista advirte que o local que están a ocupar resulta demasiado pequeno, carece de calefacción, ata hai pouco nin sequera tiña auga corrente e non reúne as condicións de seguridade para recoller a maquinaria de Protección Civil. De feito, nestes momentos os voluntarios teñen que levar os vehículos aos seus garaxes das súas vivendas dende que apareceu un deles coas rodas pinchadas.
Resume que o local “non reúne nin minimamente as condicións para ser un centro base”, ademais de que está a provocar un gran rexeitamento social, xa que supón deixar á parroquia de Santa María de Besomaño sen as actividades que viñan desenvolvendo na Casa da Cultura. Lamentou que o Concello pague con “desidia” a axuda e traballo desinteresado do corpo, que está a suplir funcións da policía local e colabora coa Garda Civil nas súas tarefas.
Paloma Castro subliña que unha localidade pequena como Ribadumia carece dos recursos económicos necesarios para poñer a disposición as instalacións que precisa este corpo, polo que lle reclama á Xunta que asine un convenio co Concello para asumir a construción ou acondicionamento dun local axeitado.