Critica que o PP rexeitara hoxe no Parlamento unha iniciativa para pedirlle ao goberno que aprobe o proxecto da infraestrutura
A parlamentaria socialista Paloma Castro acusou hoxe a Xunta e PP de “tomarlle o pelo” á cidadanía de Meis ao rexeitar no Parlamento unha iniciativa para pedir o novo Centro de Saúde na mesma semana que o xerente do Sergas llelo comprometera á alcaldesa. Castro dixo que o voto de hoxe evidencia que están “dando largas para alongar o tema” que comprometeran no ano 2022.
Castro presentou unha iniciativa para reclamarlle á Xunta que licite “con urxencia” o proxecto para a construción do Centro de Saúde de Meis na finca de A Parga cedida polo Concello, e criticou que logo de anos de promesas electorais “non vimos que deran un paso adiante”. Alertou de que o voto de hoxe é especialmente grave solo dous días despois de que o xerente do Sergas se reunira hai coa alcaldesa precisamente por este mesmo asunto.
A responsable socialista subliñou que o xerente volveu prometer unha data para a licitación facendo “o conto de Pedro e o lobo, non cremos xa nada”, ao que o PP lle deu a razón, dixo, votando en contra da proposta.
Paloma Castro levou ao Parlamento esta demanda da alcaldía e a veciñanza do concello pontevedrés, que hoxe ten a atención sanitaria repartida entre os centros de San Martiño e Mosteiro, e reclaman un novo centro de saúde “único e en condicións”.
Esta necesidade ten xerado unha ampla contestación social da veciñanza e do goberno municipal, o que levou á alcaldesa a acadar a sinatura dun compromiso coa Consellería de Sanidade no ano 2022. Dixo que malia á “pinza” de BNG e PP, que intentaron boicotear á alcaldesa propoñendo unha ubicación diferente, derivou finalmente na cesión da finca da Parga por parte do Concello en 2023, co compromiso de licitar o proxecto a finais daquel ano.
Sen embargo, a lentitude do goberno galego, que continuou adiando o proxecto, con reiterados compromisos electorais, o último deles na última campaña electoral, cando o conselleiro se anunciou que licitaría o proxecto entre marzo e abril deste ano, o que tampouco sucedeu. Castro presentou por este motivo os seus receos diante do último anuncio da Consellería feito esta mesma semana, coincidindo co debate de hoxe.