A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, censurou hoxe as declaracións “absolutamente irresponsables” do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, respecto do futuro de Ence. Castro considera “inadmisible que Feijóo e Rueda se poñan de perfil diante duns traballadores que reclaman a súa axuda para manter os seus postos de traballo”.
A responsable socialista acusa ao vicepresidente da Xunta de “pretender que o Estado prevarique” permitindo que a empresa vulnere a Lei de Costas que eles mesmos modificaron, e logo de que fora a Xustiza a que desbotara a prórroga concedida de forma irregular polo goberno do PP presidido por Mariano Rajoy.
Lamenta que “a desidia coa que a Xunta afronta a política industrial de Galicia durante estes anos fíxolle esquecer que o goberno autonómico é o que ten competencia na materia”, e reclamou que “se poñan a traballar, que para iso presiden o goberno de Galicia, e non para abandonar á súa sorte aos traballadores e traballadoras de Ence”.