O deputado do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclamou a reparación do Camiño Francés ao seu paso polos concellos de Melide, Arzúa e O Pino.
O deputado pediu o arranxe dos tramos danados no primeiro trimestre do ano 2020 e que se mellore a canalización das augas pluviais a través de cunetas ou gabias nos tramos que o precisen. Sumado a isto pediu un maior “control e seguimento das operacións de conservación integral dos Camiños de Santiago”.
Chento alertou do mal estado do pavimento nos Camiños Xacobeos os cales deberían presentar un “óptimo estado” para asegurar a afluencia de peregrinos. Destaca a presenza de “fochancas e bulleiros” no pavimento, sumado á falta de gabias o cal impide a correcta canalización das augas fluviais.
Tamén denunciou a “falla de planificación, seguimento e control” do Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021 por parte da Administración Autonómica. O goberno galego, dixo, incumpre co Plan que contaba con varias liñas estratéxicas de actuación, incluíndo “as operacións de conservación integral dos Camiños de Santiago ao seu paso pola nosa Comunidade Autónoma”.