A deputada Noelia Blanco di que o obxectivo é “continuar con este proxecto fundamental para a comarca”
O Grupo socialista pide ante o Parlamento que se fagan as xestións necesarias dende o Goberno para frear a destrución de emprego, garantir os dereitos laborais e se procure a viabilidade da empresa Hijos de L. Chao Sobrino, dedicada á fabricación de cadaleitos e asentada en Ribadavia.
A empresa está a vivir mobilizacións internas por parte dos seus empregados e empregadas, que reclaman o pago das débedas e a continuidade da empresa e, por conseguinte, dos seus postos de traballo.
A débeda ascende a catro meses e vai camiño de cinco. Ademais os e as traballadores sufriron até tres ERTE. O Concello de Ribadavia fixo unha declaración institucional onde amosa a súa solidariedade cos afectados e afectadas e ofrece o seu apoio.
É nesta liña onde o grupo socialista insta á Xunta a que faga as xestións necesarias para garantir a continuidade da empresa e non destruír o emprego dos seus traballadores.