Patricia Vilán leva ao Parlamento o atropelo dunha peregrina en San Caetano – Pontevedra
A deputada socialista Patricia Vilán e o portavoz de Infraestruturas, Raúl Fernández, presentaron unha serie de iniciativas para reclamarlle ao goberno galego que execute con urxencia as obras de mellora dos 10 puntos negros recoñecidos no Camiño Portugués. Así o dixo logo do atropelo, onte mércores, a unha peregrina nun destes puntos situado en San Caetano –Pontevedra-, aínda que “afortunadamente nesta ocasión sen consecuencias graves”.
A peregrina, dixo, foi arrollada por un vehículo mentres cruzaba San Caetano, na estrada PO-225 que comunica Alba con San Caetano, unha zona que a Asociación do Camiño Portugués ven sinalando dende hai anos pola súa perigosidade.
Lembra que malia o compromiso do goberno galego para mellorar a seguridade no Camiño, que se remonta a 2010, hoxe “a situación segue a ser a mesma que fai oito anos, aínda que cun incremento notorio dos peregrinos cada ano”. Lembrou que o Camiño Portugués foi seguido por 70.000 persoas en 2017, e a previsión para este ano é de 80.000.
Reclamoulle así á Xunta que redacte os proxectos e execute as obras necesarias nos 11 puntos negros do Camiño Portugués. Sinaladamente, urxe a executar antes do remate deste mesmo ano “as actuacións necesarias para garantir a seguridade viaria no punto negro do Camiño Portugués para garantir a seguridade viaria das persoas peregrinas e das persoas viaxeiras”.