O secretario de dereitos LGTBI empraza ao executivo galego a crear centros de atención específicos para cada colectivo como esixe a lei
O secretario de dereitos LGTBI do PSdeG-PSOE, Javier Carballo, denunciou hoxe que o goberno do PP na Xunta pretenda concentrar os servizos de atención ao colectivo LGTBI nos Centros de Información á Muller (CIM), desviándose do que marca a lexislación autonómica.
Logo de que a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, anunciara que quere destinar os CIM a fins que non lles competen, como a atención ao colectivo LGTBI cando este servizo está especializado no asesoramento á muller, Javier Carballo reaccionou criticando que “unha vez máis o goberno galego perverta un compromiso social de loita contra a violencia machista e a LGTBIfobia”.
É por iso que o responsable socialista esixiu que se creen centros propios, como estipula o artigo 8 da Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación LGTBI de Galicia, que recolle o seu compromiso de crear uns centros específicos para o asesoramento do colectivo.
Advertiu que a Xunta, lonxe de cumprir coa devandita norma, reafírmase “na infamia” que supón derivar estas competencias nos CIMs sen destinar máis recursos nin dotar de máis persoal e moito menos proveer de máis formación aos traballadores e traballadoras co que se conta nestes servizos.
O secretario de dereitos LGTBI apuntou que a Consellería de Emprego e Igualdade, ademais de cargar de competencias que non corresponden aos CIMs, seguen ignorando as queixas do persoal que se ve sobrecargado e sen persoal experto en asesoramento en diversidade.
O representante socialista salientou que os centros de apoio á muller deben dedicarse en exclusiva á loita contra a violencia machista. Carballo lembra que o Partido Socialista xa instou en repetidas ocasións a que se cumpra o artigo 8 da lei LGTBI de Galicia e se creen os centros de asesoramento para as persoas LGTBI.