O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, urxiu hoxe “o cese fulminante” da delegada da Xunta en Pontevedra, que vén de ser condenada xunto con Louzán por fraude e prevaricación.
Nada máis coñecerse a condena a dous anos de cárcere e a oito de inhabilitación para os dous cargos populares, Pablo Arangüena subliñou como “o cheiro da corrupción” chega a distintos niveis do PP.
“Feijóo non pode seguir convivindo coa corrupción e coas irregularidades”, advertiu o dirixente socialista, consciente do “nido de caciquismo” en que o PP converteu a Deputación de Pontevedra.