O eurodeputado Nicolás González Casares celebra que se poña o foco europeo en Santiago e en Galicia durante a celebración do ECOFIN esta fin de semana
O eurodeputado socialista Nicolás González Casares, comparou este sábado a importancia do executivo central nas institucións europeas, así como que se poña o foco en Galicia coa organización de diversos eventos durante a presidencia rotatoria do Consello da Unión Europea que rexenta España. Fronte a isto, expón a unha Xunta que “non existe en Bruxelas” para defender os asuntos galegos.
O parlamentario europeo fixo estas declaracións durante a celebración do ECOFIN que dende o venres 15 ata o domingo 17 reúne na capital galega aos ministros de economía e finanzas dos vinte e sete países membros da Unión Europea, así como representantes do sector público e privado.
Considera que esta é unha “gran oportunidade para destacar que Santiago e Galicia están no foco europeo grazas ao goberno de España e tamén grazas ao esforzo da vicepresidenta Nadia Calviño, á que cualificou como “unha galega que pensa en Galicia”. Así mesmo, destacou que esta aposta pola comunidade autónoma galega tamén se reflicte en eventos como a reunión dos Ministros de Pesca en Vigo ou o a conferencia sobre envellecemento poboacional en Lugo.
No lado contrario, recriminou a un Partido Popular que se adiantou a súa posición contraria nos parlamentos europeo e español, a que o galego sexa empregado polos deputados.
Así mesmo, recordou que durante o seu mandato como presidente, Rueda aínda “non foi recibido por ninguén en Bruxelas”, cunha “reunión fallida con Von Der Leyen”, o que ve como feito “moi significativo” da súa xestión. Mentres que o propio secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso mantivo encontros con ata cinco comisarios da UE.
Tamén apunta á consellaría de Pesca, da que critica que on ten presencia algunha en Bruxelas dende o relevo de Rosa Quintana, sendo un sector esencial para Galicia. Por todo isto entende que a Xunta non ten un papel relevante en Europa, o que relaciona a que o propio PP está moi afastado do que significa o proxecto común que avanza cara adiante, como así demostrou co seu voto esta mesma semana contra medidas máis severas para controlar a calidade do aire.
Pola súa banda, o eurodeputado asturiano Jonás Fernández, puxo en valor a importancia desta reunión debido a que “vanse a discutir cuestións centrais que afectan aos cidadáns”, poñendo por exemplo o financiamento das políticas públicas estatais ou a seguridade dos depósitos bancarios das persoas de a pé.