Carmen Rodríguez Dacosta apunta a un episodio máis dentro do “goteo continuado de recortes” do PP que leva anos minguando a calidade do ensino público
A deputada do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias no Parlamento de Galicia para reclamar a rectificación por parte da Xunta da supresión dunha aula de educación infantil, a pesar de ter aumentado a matrícula, e dun posto de auxiliar coidadora de cara ao inicio do próximo curso.
A Asociación de Nais Pais e Alumnado do CEIP A Ponte recibiu recentemente a comunicación, por parte do equipo directivo do colexio, da supresión dunha auxiliar coidadora (de 3 pasan a ser 2). Tras o anuncio e ter solicitado acceso ao expediente no que se argumentaba a decisión, as cinco familias que teñen un fillo con necesidades de coidador/a a tempo completo amosaron o seu descontento e preocupación pola situación durante o próximo curso.
Segundo un escrito que rexistraron en Educación, atópanse preocupadas porque a decisión afectará directamente á inclusión dos seus fillos e fillas. En todos os casos trátase de alumnado que presenta no seu ditame de escolarización a necesidade de ter “coidador a tempo completo” (tanto dentro, como fóra da aula ordinaria).
A deputada socialista traslada á Camara galega estas demandas dos pais dos alumnos afectados para expoñer a súa situación e tratar de que a Xunta revoque a súa decisión. Carmen Rodríguez Dacosta sinala que este é un episodio máis dentro do “goteo continuado de recortes” por parte do goberno do PP que lev anos minguando a calidade do ensino público en Galicia.
“As socialistas de Ourense, dende o Concello de Ourense e o Parlamento de Galicia, pedimos explicacións e esiximos ao PP que revoque esta decisión inxusta para a comunidade educativa dun colexio de referencia no barrio da Ponte e na cidade, para todos os nenos e nenas que deste xeito verán mermada a calidade da súa formación e da atención prestada para cadansúa diversidade”, advertíu a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta.
“O CEIP A Ponte é o único centro público da cidade de Ourense no que a Xunta de Galicia decidiu suprimir un aula de Infantil para este curso, a pesar do aumento da nova matrícula. Ademais pretende facer recortes no persoal auxiliar coidador nun centro cunha ratio de alumnado que precisa atención e apoio a necesidades educativas especiais moi importante”, sinalou a voceira do grupo municipal socialista Natalia González Benéitez.
Nesta liña, expresou a tamén secretaria xeral do PSDEG-PSOE de Ourense a súa desconformidade cunha decisión que prexudica ao alumnado do centro de ensinanza público. “Como pretenden poñer en marcha un aula específica o próximo curso facendo estes recortes educativos?”, manifestou.