A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou hoxe de forma unánime unha proposición non de Lei para respaldar o proxecto Cidade das TIC de A Coruña. O deputado socialista Juan Díaz Villoslada presentou a proposta que vén dar continuidade ao acordo do Concello do pasado día 11 para lograr un “acordo institucional e non partidario para apoiar o proxecto de forma clara”.
O responsable socialista instou aos representantes institucionais a traballar como “palancas para que o proxecto vaia adiante” que permita que A Coruña aproveite as posibilidades laborais, económicas e demográficas do sector das TIC. Sinalou que este proxecto, impulsado entre a Universidade de A Coruña e o clúster, enlaza a 15 empresas tractoras no sector, e podería mobilizar no seu inicio 2.500 empregos, xunto con 300 investigadores.
Díaz Villoslada reivindicou todo o respaldo posible para esta iniciativa, que se radicaría nas instalacións da actual Fábrica de Armas de A Coruña, que deberá contar cun novo proxecto industrial en canto o Ministerio de Defensa reverta a actual concesión da empresa Hércules de Armamento por incumprimento concesionario. O novo proxecto absorbería e reciclaría ao persoal do actual concesionario.
Salientou ademais o énfase dos promotores en acadar a imbricación e interrelación indispensable entre os centros de investigación e docencia co tecido empresarial da área de A Coruña, creando un novo ecosistema centrado na análise e xestión de datos, especialmente en contornas Big Data, inelixencia artificial, servizos biodixitais ou ciberseguridade, entre outras.
Can Cerbero
Logo das alusións do PP en contra do goberno liderado por Pedro Sánchez e os acordos parlamentarios, lembroulles a figura do ser da mitoloxía grega Can Cerbero, un “can de tres cabezas gardando as portas do inframundo”, en alusión ás tres dereitas. Advertiulle ao PP que logo de “deixar o país podrido de corrupción” poden caer no perigo de “acabar diluídos na estrema dereita” co seu novo discurso.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a apoiar de forma activa o proceso de implantación e desenvolvemento do novo polo tecnolóxico da Coruña Cidade das TIC, impulsado polo clúster TIC Galicia, en colaboración coa Universidade da Coruña, debéndose de acadar o maior apoio institucional para esta iniciativa estratéxica”.