Noa Díaz amosa o apoio ao movemento Stopcensura fronte aos “tempos escuros” pola “censura inadmisible que atenta contra a liberdade de expresión e de creación” pola chegada da extrema dereita ás institucións
A Comisión de Cultura do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para que a Xunta realice un estudo do retorno económico que supoñen os festivais galegos de cinema e así poder incrementar a liña de axudas a estes certames. Díaz presentou esta proposición no de Lei que foi aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento para reclamarlle á Xunta que incremente os orzamentos para estes eventos.
Díaz lembrou que os festivais e certames de cinema reciben hoxe un 25 por cento menos de orzamento da Xunta que co goberno do socialista Pérez Touriño en 2009, cando había “moitos menos eventos”.
Sinalou que a Xunta concede apenas 225.000 euros a través de Agadic, moi por debaixo dos 300.000 do goberno socialista e proporcionalmente por inferior ao que dedican as deputacións da Coruña e de Pontevedra. Díaz trasladou ao Parlamento a petición da coordinadora Proxecta, que en 2022 organizou 18 festivais nos que participaron máis de 150.000 persoas para ver 1.300 proxeccións, e que supuxeron un investimento de máis de 1,7 millóns de euros.
Pediulle ao goberno galego que faga un estudo do impacto económico que xeran estes festivais no país, que son “moito máis que motores culturais”, xa que posúen un papel como espazos de encontro do sector co público e axentes sociais e culturais e vertebradores da osa cultura”, ademais un importante papel como “impulsores da economía local, o emprego e o turismo”. Reivindicou un estudo semellante ao que realizan para outros sectores, como é o caso do musical.
Stopcensura
A responsable socialista comezou a súa intervención solidarizándose co movemento Stopcensura de reacción aos “tempos escuros” da “censura inadmisible que atenta contra a liberdade de expresión e de creación”, impulsada pola “extrema dereita á que o PP lle pon alfombra vermella nas institucións”.
Alertou fronte ao “retroceso, tamén en cultura, da liberdade e da democracia” inmediatamente despois da chegada da extrema dereita ás institucións da man do PP, e amosou o seu respaldo a esta plataforma advertindo que “se non hai cultura, non hai democracia”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: