A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que reforce os recursos humanos do Instituto de Medicina Legal de Galicia –Imelga-. A proposta foi presentada pola portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, quen alertou de que a escaseza de centros e a falla de persoal fan “inasumible” o volume de traballo actual.
Esta situación está a derivar en perigosos retrasos procesuais en procedementos “tan importantes como os penais por delito de abusos sexuais, violencia de xénero, malos tratos, divorcios, desprotección e violencia en menores, así como procesos civís coma os procedementos de familia ou as incapacidades”. Advertiu de que estes graves retrasos ás veces prolónganse ata os 2 anos, “vulnerando os dereitos da cidadanía”.
Castro explicou graficamente que “isto provoca situacións como que un pequeno que ten un ano cando os seus pais deciden divorciarse, ten os tres anos cumpridos cando a estes lles notifican as medidas de custodia”. Isto é o que está a acontecer, dixo, nos xulgados de Familia de Santiago, A Coruña, Ourense ou no de violencia de xénero de Vigo, que dependen dos informes do Imelga e “teñen unha espera para resolver este tipo de cuestións de entre un e dous anos”.
A parlamentaria socialista reclamou “medidas urxentes” por parte do goberno galego, para que “dote dos recursos humanos necesarios e permanentes aos equipos psicosociais do Imelga, para poder realizar un traballo de tanta relevancia para as familias e para a sociedade”. Apunta que a carga de traballo chega a uns niveis insoportables, xa que de acordo coa memoria de 2019, na subdelegación de A Coruña efectuáronse 4.842 informes, en Santiago 4.680 ou en Vigo 4.700.
Castro tivo que transaccionar co PP esta iniciativa para que fora aprobada, e que orixinalmente lle reclamaba á Xunta un estudo estrito do tempo de retraso dos informes “pormenorizado por cada partido xudicial”.
Tamén solicitaba que, en base ás conclusións deste estudo, procederan a incrementar o número de subdelegacións territoriais en aqueles partidos que fora necesario, incrementando o persoal adscrito a cada centro e creando unidades de valoración integral especializadas para violencia de xénero.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
– “O Parlamento insta á Xunta a: