Carmen R. Dacosta lembra a obriga do goberno galego de regular este recurso natural dende o ditame da Comisión de Política Forestal aprobado en 2018
A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha proposta do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cumpra coa obriga de impulsar os denominados montes protectores que preservan o chan e actúan como barreira fronte aos incendios forestais e prevén as inundacións. A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodriguez Dacosta, presentou esta iniciativa que foi aprobada parcialmente.
Dacosta lembrou que esta medida forma parte das recomendacións da Comisión de Estudo da Política Forestal constituída logo dos incendios de 2017 e que rematou co seu traballo ao ano seguinte, sen que o goberno galego tomara ningunha medida para cumprir con este apartado dende entón.
Aquelas conclusións, dixo, recomendaban priorizar os montes clasificados como protectores, incluíndo neste rexistro os montes veciñais que procedan de montes de utilidade pública, e ademais solicitaba axudas e subvencións para a súa repoboación. No acordo de hoxe incluíron impulsar os montes protectores e darlles carácter preferente nas axudas para repoboacións, pero o PP obrigou a retirar a declaración dos Montes Veciñais e de Man Común que sexan de Utilidade Pública.
Dacosta lembrou que estes montes constitúen un piar clave para Galicia polo seu papel ecolóxico. Explicou o seu papel fundamental para a protección do chan e a prevención da erosión -sinaladamente no entorno das concas fluviais-, a conservación da biodiversidade, a mitigación do cambio climático e a prevención de incendios forestais, actuando como barreiras naturais fronte ao lume e as inundacións.
Advirte que o goberno galego debe de garantir a sostibilidade destes montes, e reclámalle por iso que cumpra coas recomendacións da Comisión de Estudo da Política Forestal tomando “actuacións inmediatas” en relación con estes espazos que eviten consecuencias indesexables provocadas por riadas e inundacións provocadas polo cambio climático.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
– “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a: