Paloma Castro pídelle á dirección xeral de Cotas que analice as alternativas que fagan compatible a execución dos 783 metros de paseo que restan
A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamoulle á dirección xeral de Costas que avalíe con urxencia as alternativas que fagan viable o remate dos 783 metros que restan de itinerario peonil entre Pontevedra e Marín. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que urxiu a rematar esta actuación, paralizada porque o proxecto incumpría a Lei de Uso Sostible do Litoral aprobada polo goberno de Rajoy.
Advertiu que a norma impide invadir a ribeira do mar, facendo inviable o proxecto orixinal, que incluía a unión de O Cabo e os terreos ocupados por Ence mediante unha pasarela metálica pilotada sobre o mar. Esta foi desbotada en outubro de 2021 por erros de cálculo que comprometían a súa operatividade, facendo necesario un novo proxecto, co que o contrato foi rescindido.
O proxecto inicial resulta incompatible coa normativa, polo que cumpre buscar alternativas técnicas e xurídicas que fagan compatible a execución dos 783 metros que restan para unir ámbalas dúas vilas. Reclamou que a senda teña continuidade a través do cabo para solventar o paso polo cruce da PO-11 e a entrada no Porto de Marín cun paseo no que para os socialistas é prioritario que sexan compatibles a mobilidade ciclista e peonil en condicións de seguridade.
Pediu una solución axustada á legalidade para poder executar este proxecto xunto a todos os proxectos que está a desenvolver o executivo central logo de que os PP metera “nun caixón” e non fixo cando gobernaba en Madrid, como o nó de bombeiros, a Autovía A-57, ou a chegada do AVE a Galicia.