“Sen cuestionar o contido da resolución xudicial nin as medidas adoptadas, chamar caprichosa ou vaga a unha persoa constitúe un trato denigrante impropio da administración de xustiza”, subliñan Paloma Castro e Noa Díaz
As voceiras de Xustiza e Igualdade do Grupo Socialista, Paloma Castro e Noa Díaz, reclamaron hoxe “perspectiva de xénero na xustiza” á vista da “longa lista insultos sen contido xurídico” que se dirixen cara a nai no polémico auto de medidas provisionais ditado por un xulgado de Marbella que fai referencia á “Galicia profunda”.
Sen cuestionar o contido da resolución xudicial nin as medidas adoptadas, as deputadas socialistas sinalaron que “caprichosa, egoísta, inmadura, machacona ou vaga” son afirmacións “que nada teñen de xurídico, pero que supoñen unha ofensa e unha descualificación directa” cara unha muller.
“É un trato denigrante impropio da administración de xustiza”, engadiron as parlamentarias do PSdeG, para quen esta situación “deixa en evidencia algo que vimos denunciando dende hai tempo por atoparnos con múltiples exemplos, algúns máis mediáticos e outros menos: a necesidade de ter en conta a perspectiva de xénero no eido xudicial”.
Ademais, ambas volveron amosar o rexeitamento do Grupo Socialista a “verbas que negativizan ao noso rural”, como ese termo “Galicia profunda” que se recolle no documento xudicial.