A deputada Patricia Iglesias defendeu apostar polos produtos de proximidade porque “non é só unha cuestión económica, senón tamén de responsabilidade social e ambiental. Galicia ten os recursos e os produtores, pero falta vontade política para que a súa inclusión na contratación pública sexa unha realidade”
Iglesias logrou o apoio de BNG e PP para demandar á Xunta medidas concretas para garantir que os produtos de km0 sexan prioritarios nos comedores escolares, hospitais e residencias xa que constitúe unha ferramenta clave que podería empregarse para fortalecer a economía local
O Grupo Socialista logrou hoxe o apoio de PP e BNG a súa iniciativa que insta á Xunta de Galicia a adoptar medidas concretas para garantir que os produtos de proximidade sexan prioritarios na contratación pública en colexios, hospitais e residencias xa que a contratación pública representa preto do 20% do PIB galego e constitúe unha ferramenta clave que podería empregarse para fortalecer a economía local, mellorar a calidade alimentaria e reducir o impacto ambiental. A falta dunha estratexia clara por parte do goberno galego, denunciou a deputada Patricia Iglesias, “está a permitir que grandes multinacionais, como EULEN, se beneficien destes contratos en detrimento dos produtores galegos”.
Iglesias, que defendeu esta iniciativa na Comisión, subliñou que “apostar polos produtos de proximidade non é só unha cuestión económica, senón tamén de responsabilidade social e ambiental. Galicia ten os recursos e os produtores, pero falta vontade política para que a súa inclusión na contratación pública sexa unha realidade”.
Para a socialista a realidade é clara: mentres outras comunidades avanzan con estratexias concretas, como Cataluña coa súa Estratexia Catalá de Mellora da Compra Pública, a Xunta continúa sen un plan efectivo que impulse o consumo de produtos galegos. O PSdeG propoñía que a contratación pública contemplase criterios que primen a compra de produtos de proximidade, o que permitiría impulsar ás pequenas e medianas empresas locais, garantir unha alimentación máis saudable e reducir a pegada ecolóxica. Incorporar estes criterios tamén facilitaría a transición cara a unha economía máis sustentable, reducindo a dependencia de cadeas de subministración longas e vulnerables a crises internacionais.
Ademais, como sinalou a socialista, a Estratexia Nacional de Contratación Pública 2023-2026 xa contempla a necesidade de adaptar as compras públicas ás singularidades autonómicas, pero a Xunta segue sen desenvolver unha folla de ruta clara para fomentar os produtos locais. Nesta liña, Iglesias lembrou na súa intervención o impacto ambiental do consumo de produtos foráneos, xa que o transporte a longa distancia incrementa as emisións de CO₂. “O consumo de produtos galegos permitiría reducir esta pegada ecolóxica, aliñándose cos obxectivos do Pacto Verde Europeo”, dixo.
O Grupo Socialista, co apoio do PP e BNG, insta á Xunta a actuar con urxencia e a deixar de lado os anuncios baleiros “porque Galicia ten capacidade e recursos para desenvolver unha política pública que beneficie tanto á economía como á cidadanía. Non se trata de propaganda, senón de compromisos reais que impacten positivamente na nosa terra, concluíu Patricia Iglesias.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
O Parlamento galego insta ao Goberno galego a que: