O secretario de Organización do PSdeG sinala que a xestión das dúas cidades “é un bo exemplo de como os socialistas gobernan para a maioría social”
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, explicou hoxe que a papel central dos socialistas galegos na Convención Municipal do PSOE celebrada esta fin de semana en Valencia constata que “saímos fortalecidos” do certame. Así o dixo na xornada de clausura deste encontro, que contou coa participación sinalada dos alcaldes socialistas de Vigo e A Coruña, Abel Caballero e Inés Rey, respectivamente.
O responsable socialista explicou que a xestión dos socialistas nos concellos galegos foi presentada como “modelo de referencia” neste encontro, no que se presentaron como “garantía de progreso e de xustiza social”. Aludiu ao papel relevante das alcaldías de Vigo e A Coruña, con Abel Caballero como ponente coordinador da primeira Comisión -Municipios Sociais, Saudables e Solidarios- para elaborar o Programa Marco do PSOE.
Salientou tamén a participación da alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, no Foro sobre Muller e Poder Local, que compartiu coa alcaldesa de París, Anne Hidalgo, e a presidenta da Asociación de Municipios Portugueses, Luísa Salgueiro. Tanto do da Coruña como antes do de Vigo, dixo, foron asumidos como “dous modelos de xestión centrais para o resto de España”.
Fortalecidos
Lage Tuñas trasladou o seu “orgullo” do papel desempregado polos socialistas galegos neste encontro, do que “saímos fortalecidos” e marca un “bo punto de partida para afrontar a vindeira campaña electoral”. Nesta convocatoria, engadiu, “os socialistas lles presentaremos aos galegos e galegas un gran equipo” para “facer o que mellor sabemos facer: xestionar os concellos galegos”.
O secretario de Organización do PSdeG presentou aos socialistas galegos como “garantes da xustiza social e do progreso”, que configura a “marca de calidade” dos gobernos municipais dirixidos polos alcaldes e alcaldesas socialistas. Concluíu que as candidaturas socialistas presentan para o 28M un proxecto avalado polo traballo feito nas alcaldías con “solvencia, rigor e credibilidade” durante estes catro anos.