O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe a posta en marcha dun Instituto de Investigación Marítima en Galicia a imaxe do Azti, en Euskadi, para amparar e reforzar o avance do sector pesqueiro. Torrado lamentou o desinterese dos gobernos galego e estatal, que “afianzan os recortes, carecen de políticas de impulso do I+D e asfixian ás universidades”.
O responsable socialista advertiu que os dous programas con menor investimento da Consellería do Mar son precisamente o de divulgación tecnolóxica e o de investigación. Advertiu que “o sector profesional sinte desconexión, e os profesionais permanecen afogados por unha administración ineficiente”.
Torrado propuxo un modelo semellante ao Azti de Euskadi, do que dixo que destaca pola integración e coordinación, o vencello coa produtividade empresarial e o impacto na axenda gubernamental.
Lamentou que Galicia sega o modelo do goberno de Rajoy, que reduciu o orzamento de I+D nun 33 por cento, provocando a diminución das patentes nun 60 por cento, a perda de 80.000 empregos e a saída do Estado de 30.000 investigadores no Estado.