Boiro, 9 de maio de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou á empresa Jealsa e aos seus traballadores e traballadoras todo o respaldo para que a empresa poda continuar coa súa actividade e para que todas as administracións cooperen no que corresponda para posibilitar esa actividade.
Caballero achegouse onte sábado ata as instalacións de Jealsa en compañía do alcalde, José Ramón Romero, á planta de Boiro para coñecer a situación de primeira man e amosar a disposición dos socialistas a colaborar no que sexa preciso.
“É unha empresa de referencia para Galicia e debe contar co apoio de todos tras unha xornada na que o lume calcinou media planta”, apuntou.
Ademais, Gonzalo Caballero visitou o posto de coordinación de emerxencias e agradeceu o traballo a bombeiros, policía, protección civil e emerxencias.