O secretario xeral recorda que Feijóo dicía que “non iba adiantar as eleccións” e unha vez máis evidénciase que a súa palabra non vale nada.
O candidato socialista á Presidencia da Xunta sinala que “Euskadi marca a axenda de Feijóo”, que “non ten nin palabra nin proxecto para Galicia”
Santiago, 10 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que a confirmación de que as eleccións galegas coincidirán coas vascas é a confirmación de que “Euskadi marca a axenda de Feijóo”, que amosa que “non ten palabra” despois de dicir que “non había motivos” para adiantar os comicios.
Ademais, o candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta atribuíu a decisión de Feijóo de chamar ás urnas o 5 de abril a que “non ten proxecto para Galicia”. “Está admitindo que Galicia non pode soportar a agonía dun goberno sumido na inacción e na apatía”, recalcou.
En paralelo, o líder dos socialistas galegos ironizou co feito de que Feijóo se presente como “o garante da estabilidade política”, cando non é quen de chegares ata o final da lexislatura. Agora, reclamoulle que non utilice os dous meses escasos que restan ata as eleccións para “facer campaña cos recursos da Xunta”.
Pola súa banda, Gonzalo Caballero asegurou que “nós estamos preparados para o cambio”. “Imos falar coa Galicia real: a que sofre as consecuencias dos recortes de Feijóo nos servizos públicos e a que padece a falta de oportunidades que nos deixa en Galicia”, concluíu.
O anuncio de adianto electoral produciuse la xornada na que Gonzalo Caballero mantivo unha reunión coa ministra de Industria, Reyes Maroto, coa que abordou o estatuto para as empresas electrointensivas que sae a exposición pública. “En Galicia tamén fai falla un goberno progresista que poña a súa prioridade na maioría social”, defendeu o máximo dirixente do PSdeG.