O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe no Congreso á votación da que Pedro Sánchez saíu investido presidente do goberno.
A designación de Pedro Sánchez como presidente, resaltou o líder dos socialistas galegos, “contribuirá a abrir unha nova etapa de progreso en Galicia”.
E é que, como salientou Gonzalo Caballero, o novo goberno progresista liderado por Pedro Sánchez ten na súa axenda “os problemas e as necesidades da cidadanía e das familias”, así como “os asuntos específicos de Galicia”.
En concreto, o candidato socialista á Presidencia da Xunta enumerou o avance nas infraestruturas, nomeadamente a AP-9; a mellora da sanidade e a educación pública, a aposta polo emprego de calidade e por dar futuro á mocidade e o compromiso coa industria galega.
O secretario xeral salientou ademais que “13 dos 23 deputados galegos apoiaron o proxecto progresista liderado por Pedro Sánchez” cun goberno que ten na súa axenda “os problemas e as necesidades da cidadanía galega”