O secretario xeral do PSdeG critica que Feijóo siga “ausente” das dificultades de Galicia e esíxelle que ”se implique a fondo” tras 11 anos de perda de pulo industrial
Gonzalo Caballero garantiu hoxe a defensa dos postos de traballo da antiga Alcoa na Coruña, cuxo comité de empresa foi recibido hoxe pola alcaldesa e que actualmente mantén un encerro no Pazo de María Pita.
A respecto da situación dos traballadores da factoría de Alu Ibérica, o líder dos socialistas galegos apoiou as súas reivindicacións de que se convoque a mesa técnica, na que están representados o Goberno de España, a Xunta e o propio comité.
Ao fío diso, Gonzalo Caballero recordou o compromiso do goberno de España na procura de solucións para a planta coruñesa e reclamou á Xunta que amose “a mesma implicación”. “Tras 11 anos de perda de pulo industrial en Galicia, Feijóo ten que deixar de estar ausente dos problemas”, recalcou.
“Non pode ser que Feijóo se inhiba constantemente da solución dos problemas: o Estatuto de Autonomía dálle as competencias en materia económica e industrial”, evidenciou o líder do PSdeG, antes de esixirlle que “arrime o hombro”.
“Hai que buscar todas as fórmulas xurídicas que dean seguridade aos traballadores ante as incertezas e risco que implica o novo inversor”, manifestou Gonzalo Caballero.