O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Ribadavia, onde manifestou o seu compromiso de apoiar ao sector vitivinícola e de fortalecer a sanidade pública.
Acompañado dos alcaldes de Carballeda e Melón, así como de membros da candidatura socialista pola provincia de Ourense e concelleiros socialistas en Ribadavia, Gonzalo Caballero asegurou que un goberno socialista na Xunta reverterá os recortes na sanidade pública levados a cabo por Feijóo trala supresión dos servizos de dentista, psicólogo e matrona. Fronte a iso, deixou clara a súa aposta polos servizos de proximidade e coa revitalización do centro de saúde de Ribadavia.
Ademais, o líder socialista amosou o seu compromiso co sector vitivinícola coa referencia do traballo feito pola denominación no pasado. De feito, asegurou que un goberno socialista na Xunta impulsará plans de comercialización e adoptará medidas para asegurar os ingresos dos produtores.