O secretario xeral pide “unha mobilización masiva” de cara ao 10-N para “seguir tendo un presidente comprometido coas cuestións sociais e con Galicia”
Ángel Gabilondo: “Que nadie dude de que la derecha, si puede, sumará” e fará “unas políticas realmente alejadas de la defensa de los derechos y libertades”
Santiago/Ourense/Pontevedra, 2 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantén hoxe unha ampla axenda de campaña que o levará a percorrer tres provincias en compañía do ex-ministro Ángel Gabilondo, actual portavoz socialista na Asamblea de Madrid.
Ambos comezaron a xornada cunha visita a Santiago, en compañía do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da candidatura socialista pola Praza de Abastos. A continuación, foi Ourense a cidade elixida para unha xuntanza coa cidadanía no marco da campaña das eleccións xerais.
Para Gonzalo Caballero, nesta campaña hai moito en xogo, porque decidimos entre “os avances” que representa o PSOE e “o retroceso” que implica nos nosos dereitos e liberdades a unión das dereitas coa ultradereita. E, neste punto, Ángel Gabilondo apostilou: “Que nadie dude de que la derecha, si puede, sumará”.
En primeiro termo, o líder dos socialistas galegos fixo referencia a unhas palabras de Feijóo nas que admitía que Pablo Casado era o pasado mes de abril “descentrado, estridente e áspero”: “Estamos de acordo, pero erra cando di que cambiou, porque o único cambio é que agora deixou barba e que fala menos porque o teñen agochado”.
“O PP do mes de abril é o mesmo que o que vai a estas eleccións”, incidiu Gonzalo Caballero, quen pediu á cidadanía galega “unha mobilización masiva” para que España “siga tendo un presidente do goberno comprometido coas cuestións sociais e comprometido con Galicia”.
Así o dixo despois de que ata os propios dirixentes do ADIF na etapa de Mariano Rajoy recoñeceran que “non se fixeron daquela todas as inversións” para cumprir os prazos marcados, desmontando así “a estratexia de teatro de Feijóo”. “Tivo que chegar un goberno socialista para amosar un compromiso claro e nítido”, recalcou.
Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que Ana Pastor tivo que “fugarse” das listas do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra tralo “batacazo” do pasado 28 de abril. “Vai para Madrid despois de ser retirada como referencia política en Galicia”, evidenciou, toda vez que foi na súa etapa cando se frearon as inversións no AVE.
“EVITAR QUE SUCEDA”
A continuación, Ángel Gabilondo puxo o foco en que en que PP, Vox e Cs “sumarán” os seus votos despois das eleccións xerais, como el sabe ben na Comunidade de Madrid, e os utilizarán para levar a cabo “unas políticas que están realmente alejadas de la defensa de los derechos y las libertades”.
“Lo que hay detrás es un discurso sobre un modelo económico, social y de relaciones humanas al que tenemos que hacer frente, con toda dignidad y con toda paz”, sinalou o ex-ministro, para chamar a “aglutinar as forzas en torno ao PSOE”.
Trátase, como dixo, de “evitar que suceda” un modelo que “no nos gusta”. “Nosotros creemos en un modelo de progreso, en un modelo de justicia social y en un modelo también de futuro para España”, defendeu o voceiro socialista, e advertiu que a dereita “non levará ao país na dirección do progreso”.
“A dereita non traerá progreso para o país”, recalco Ángel Gabilondo, máxime porque a dereita “está condicionada polos votos de Vox, que marcarán un calendario de acción que non é o que necesita o país”.
Así pois, pediu “un ejercicio de responsabilidad” para mobilizarnos de cara ao 10-N tanto “por respeto a quienes nos han traído hasta aquí, hasta el camino de la democracia” como porque “si no votamos, deciden otros”. As dereitas e a ultradereita, incidiu, “irán a votar”.
SANTIAGO “XÓGASE MOITÍSIMAS COUSAS” O 10-N
Durante a visita a Santiago, Gonzalo Caballero e Ángel Gabilondo estiveron acompañados polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen agradeceu a visita tanto e sinalou que a capital galega “xógase moitísimas cousas” nas eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro.
“Os grandes avances nesta cidade sempre estiveron vinculados a un goberno socialista en Madrid”, recordou Bugallo, quen referiu que as grandes infraestruturas e equipamentos de Compostela tiveron “o impulso” do PSOE dende o executivo central. Por iso, coa vista posta no reto do Xacobeo 2021, e dos seguintes, fixo fincapé en que “necesitamos un goberno presidido por Pedro Sánchez”.
“PACTOS INDIGNOS”
Na segunda parada da xornada, en Ourense, o secretario provincial do PSdeG, Rafa Villarino, sinalou as “similitudes entre os pactos indignos da dereita, baseados no xogo sucio, que impediron gobernar á esquerda” tanto en Ourense como en Madrid.
“Os socialistas mantivemos a dignidade e agora podemos dicirlle á xente que, de novo, ten que saír a votar para seguir a progresar” porque “somos a única posibilidade que ten Ourense fronte ó retroceso da dereita”, concluíu.
Pola súa banda, a cabeza de lista ao Congreso, Marina Ortega, dixo que “non queremos unha política de goberno marcada pola ultradereita desde o Consello de Ministros”, polo que “temos encher as urnas de igualdade e de dereitos”.
“Se a dereita quere desmobilizar, fagamos todo o contrario”, destacou, antes de recordar que “o xogo sucio do PP non pode servir para gañar nada e si para perdelo todo”. “Nesta provincia somos expertos en retroceder porque estivemos sempre gobernados pola dereita”, denunciou tras recordar algunhas das grandes infraestruturas de Ourense desbloqueadas durante a presidencia de Sánchez como o tren de alta velocidade ou o museo arqueolóxico.
“UN GOBERNO ESTABLE”
Durante o xantar en Pontevedra tamén interveu Maica Larriba, secretaria local do PSOE, quen demandou “un goberno estable e forte” para poder abordar os asuntos “que lle interesan á xente”, como a mellora dos servizos públicos ou a subida do salario mínimo e das pensións.
Así mesmo, David Regades, o secretario provincial, denunciou as “graves artimañas” do PP para intentar que a xente “non vaia a votar”. “É moi grave”, engadiu, antes de apelar a dicirlle “máis forte” á dereita que non nas urnas.
Tamén interveu Guillermo Meijón, número dous da candidatura socialista ao Congreso por Pontevedra, quen chamou a “saír a gañar estas eleccións” enchendo as urnas de votos socialistas o domingo que vén.
A xornada rematou en Ponteareas, onde tamén interveu a tenente de alcalde, Chus Garrote, e a candidata ao Senado Vanessa Fernández, ademais de Ángel Gabilondo e Gonzalo Caballero.