O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo hoxe un encontro cos responsables de Special Olympics Galicia, aos que prestou o seu respaldo de cara á andaina de persoas con discapacidade intelectual e as súas familias organizada con motivo do Ano Santo 2022.
O responsable socialista valorou moi positivamente esta “gran iniciativa” que se desenvolverá entre os días 26 de xuño e 2 de xullo deste ano 2022, cando se reunirán no monte do Gozo, dende onde partirán para realizar unha etapa do camiño.
Formoso salientou o traballo desenvolto por esta asociación de pais, profesionais e amigos das persoas con discapacidade intelectual de cara a “desnevolver, promover, proporcionar e facilitar máis actividades deportivas de ocio para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias”.
Apuntou á intensa laboura desta organización de cara á inserción social do colectivo de persoas con discapacidade intelectual mediante a cultura, o ocio, a promoción do voluntariado e a práctica deportiva, en consonancia co Código Ético e os valores do movemento asociativo de Plena Inclusión”.