O secretario xeral do PSdeG visita a sede central de Froiz en Poio para coñecer a capacidade loxística dun grupo que xera 6.200 empregos directos
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou hoxe o potencial de Galicia para “ser líder” na distribución alimentaria nunha visita á sede central da veterana cadea de supermercados galega Froiz, da que subliñou a súa aposta pola economía local coa xeración de 6.200 empregos directos e a súa política de “quilómetro cero”.
O líder do PSdeG aproveitou a ocasión para destacar “o potencial que ten Galicia para ser líder en distribución alimentaria”, xa que hai tres grupos que operan na comunidade dende hai décadas e xeran arredor de 20.000 empregos directos, 6.200 dos cales só por parte do grupo Froiz. Este grupo empresarial galego, que conta cun total de 335 puntos de venta en todo o territorio da comunidade autónoma, entre puntos directos e franquías.
Formoso subliñou a importancia de coidar o sector da distribución alimentaria, así como a necesidade de axudalo dende as institucións polo “aspecto estratéxico para a posta en valor da produción agroalimentaria”. Polo tanto, na súa expansión a outros territorios do Estado, o líder socialista que dende as administracións débese respaldar a estes grupos xa que son “un cabalo de Troia dos excelentes produtos galegos” para mellorar a exportación e “abrirnos a novos mercados”.
Formoso estivo acompañado na súa visita polas parlamentarias, Leticia Gallego e Paloma Castro, o candidato á alcaldía de Poio polo PSdeG, Gregorio Agís, e a secretaria de Emprendemento e Dinamización Económica da Executiva Nacional do PSdeG, Mónica Rodríguez. No grupo empresarial Froiz foron recibidos polo director xeral, José Froiz Prieto, o director de xestión, Andrés Blanco Montenegro, así como outros membros como a directora de RSC e Relacións Laborais, Silvia Pérez.