O secretario xeral do PSdeG destaca ao seu partido como “a columna vertebral política do país” que “vai a estar no 2023 para defender os seus intereses e a súa identidade”
O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, criticou hoxe o discurso de Fin de Ano de Alfonso Rueda, cualificándoo como “baleiro e cheo de renuncia e resignación” por “obviar os principais problemas de Galicia”.
Valentín González Formoso trasladou a súa valoración do discurso do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sendo o primeiro que este realiza, tras herdar o posto ante a marcha de Feijóo, había quen tiña expectativas de que puidera aportar algún matiz importante á hora de dirixirse á totalidade da poboación galega.
Sen embargo, dende o punto de vista do mandatario socialista, pronunciou un discurso cheo de renuncia e resignación”, que “obvia os intereses dos galegos e galegas”. Para Formoso está amosando unha vez máis que “non ten perspectiva de futuro para o país”, así como no curto prazo “non é capaz de ofrecer solucións aos problemas”, tomando como exemplo que ante a suba dos prezos decidiu retirar a tarxeta básica.
Formoso acusou a Rueda de “falla de responsabilidade” para solucionar os graves problemas que hai nos seus marcos de competencia, destacando a sanidade, “coas dimisións continuas, centros de saúde saturados, sen médicos incluso”, así como a educación ou a emigración da mocidade que “non teñen a oportunidade de construír en Galicia o seu proxecto de vida”.
É por esta falla de ambición para que “avance o país” polo que Formoso considera que o Rueda está inhabilitado para exercer o cargo, xa que para el “un presidente que renuncia aos anhelos dun pobo, non merece selo”.
Estes “anhelos” e “soños” que os galegos e galegas expresará na súa “carta aos Reis Magos” nestes días, son para Formoso que “aspiran a un país con proxectos e ilusións, onde o seu goberno teña en conta as súas necesidades, non se acomode a teña capacidade de reacción ante as circunstancias excepcionais que están a vivir as familias galegas”.
Engadiu que “soñan co ter un goberno que sexa capaz de insuflar dinamismo na economía ser capaces de respaldar as necesidades das familias, dos sectores produtivos, mar interior e no agro galego”.
DISCURSO BALEIRO
Tamén lamentou que “obvia” no seu discurso as “necesidades en atención primaria ou en educación, así como do persoal investigador que representa o futuro e non ten a estabilidade laboral que precisan”, polo que considera que é “un discurso baleiro”, que “desespera a un pobo que require dun goberno con capacidade de ilusionar a un país dinámico que non está resignado a pararse”.
Concluíu a súa valoración sinalando que o PSdeG vai a estar no 2023 para “defender a identidade, cultura e intereses de Galicia”, dende a “normalidade e institucionalidade”, para facer “crecer e avanzar a un país”, do que é a “única columna vertebral política”.