O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mantivo un encontro co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, ao que transmitiu o rexeitamento do sector pesqueiro galego ás restricións ao arrastre de fondo.
Formoso tamén intercambiou inquedanzas co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevičius, do cal adquiriu o compromiso de que se faga un estudo científico da biomasa marítima dos caladoiros de pesca afectados pola Comisión Europea, abrindo a “porta á esperanza” para a súa reactivación para a pesca de arrastre, debido a que estes cumprirían os condicións para manter a pesca.
O líder socialista trasladou as queixas do sector da pesca de fondo galega ante o peche de caladoiros na costa galaica que afectaría a 75 grandes buques de pesca galegos e ao 30% do sector. O PSdeG xa iniciou hai unha recollida de sinaturas da man das 63 cofrarías de pesca galegas aberta a toda a cidadanía para que se reverta esta medida.
Formoso considera que a reactivación destes caladoiros vital para un sector do que “viven 160.000 familias galegas” e para a próxima vez que opere neste ámbito é preciso que teñan en conta o “impacto socioeconómico” sobre os territorios europeos.
ACOMPAÑADO POR GONZÁLEZ CASARES
Da reunión co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, González Casares destacou que Formoso transmitira as demandas do sector da pesca de fondo galega e que Sinkevičius terá en conta estas preocupacións, así como que o propio mandatario destacara o mal coidado en Galicia da Rede Natura, con consecuencias como o incendio do Courel.