Poñemos en marcha unha serie de xornadas organizadas pola Escola de Formación Ceferino Díaz adicadas á formación da militancia.

ESCOLA DE VERÁN: GOBERNOS PARA O PROGRESO

A xornada celebrarase o sábado 6 de xullo na Casa das Asociacións de Cornes en Santiago de Compostela  de 10.30 á 14.00 e de 16:00 á 18:30  cos seguintes contidos:

 

Se estás interesado/a en participar, podes confirmar a túa asistencia cubrindo seguinte formulario on line: 


 

XORNADA: CLAVES PARA A COMUNICACIÓN ORAL

A xornada celebrouse o sábado 23 de febreiro na sede do PSdeG Santiago de Compostela (Rúa do Pino 1-9 baixo) de 10.30 á 14.00 e de 15:30 á 18:30  cos seguintes contidos:

Relatora: Mª Xosé Porteiro

Contidos:

  1. Presentación do traballo a realizar durante o curso.
  • Entrega dos materiais que se aportan.
  • Identificación d*s participantes. Auto presentación.
  • Análise dos seus perfís comunicacionais.
  • Coloquio.
  1. Métodos para:
  • Xestionar e superar o medo.
  • Manexo axeitado da escoita.
  • Conectar coa audiencia.
  • Fundamentos da comunicación non verbal.
  • Como elaborar o discurso.
  • Expresar, argumentar e debater.
  • Recursos para a improvisación
  1. Exercicio práctico.
  2. Revisión do aprendido.

Se estás interesado/a en participar, podes enviar esteFormulario inscrición Escola de Formación CD – Claves para a comunicación oral ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@socialistasdegalicia.com,  ou cubrir o seguinte formulario on line: 


XORNADA: BOAS PRÁCTICAS EN REDES SOCIAIS

A xornada celebrouse o sábado 2 de febreiro na sede do PSdeG Santiago de Compostela (Rúa do Pino 1-9 baixo) de 10.30 á 14.30 cos seguintes contidos:

Relatora: Pilar Muíños

Contidos:

Introdución

  • Por que a necesidade deste curso? A actitude militante nas redes sociais

O código ético do PSOE en redes sociais

  • Novo Regulamento de desenvolvemento dos Estatutos Federais aprobados en 39º Congreso (aprobado no 17 de febreiro de 2018)
    • Artigo 429. Do Código de comportamento e boas prácticas para actuar en redes sociais.

Pautas xerais

  • Os nosos perfís: persoal ou de agrupación

A nosa casa

  • Web
  • Blog

Facebook, Twitter, Instagram

  • Carácterísticas principais de cada rede
    • Mensaxes, usuarios, materiais

Outras redes?

  • Youtube, Pinterest…

A estratexia

  • Cuestións básicas a ter en conta á hora de planificar unha estratexia básica en redes sociais
    • Planificación
    • Improvisación

Cómo amplificamos a información que transmitimos en redes?

  • Whatsapp
  • Telegram

Cómo conseguimos contidos para difundir?

  • Feedly

Se estás interesado/a en participar, podes enviar este formulario inscrición Escola de Formación CD – Boas prácticas en redes sociais ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@socialistasdegalicia.com,  ou cubrir o seguinte formulario on line: 


XORNADA:  A RELACIÓN COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A xornada celebrouse o sábado 19 de xaneiro na Agrupación Socialista de  Santiago de Compostela (Rúa Ramón Cabanillas 6-D Entrechán D) de 10.30 á 14.30 cos seguintes contidos:

Relatora: Noa Díaz

Contidos:

Introdución

  • Por que a necesidade deste curso? Autocrítica acerca das nosas actitudes cos medios de comunicación e crítica sobre o papel destes

Relacións de confianza: como, cando, quen e por que

  • O xornalista como profesional que informa. As presións. As relacións de confianza mal entendidas. Cando debemos acudir a eles e cando non.

A rutina dos medios

  • Como traballan, cales son os seus horarios, que medios empregan para chegar ás fontes. A proactividade do informador. A proactividade do medio. Que non debemos facer

Xogando coas 5 W’s

O que. A mensaxe. Que queremos comunicar?

  • Temos unha mensaxe clara? Terá consecuencias? Témolas previstas?

O como. Nota de prensa? Rolda de prensa? Tribuna? Almorzo informativo?

  • Primeiro pensar no qué; logo, eliximos o formato.Como presentarse/organizar unha rolda (quen intervén, como, escenografía, mensaxe, tempos…), como elaborar unha nota de prensa (5 Ws, extensión, formato…) e outras fórmulas informativas…

O cando. A oportunidade de informar

  • É agora o momento para comunicala ou é preferible agardar un tempo?

O onde. Os espazos

  • O continente, fundamental

O quen. Os protagonistas

  • Nós como fonte de información. Fórmulas de atribución de fontes: directa, reservada e off the record

Pequenos apuntamentos sobre os medios audiovisuais

  • Cuestións básicas a ter en conta á horade comportarse ante unha cámara ou micrófono en intervención acordada ou improvisada

Pequenos apuntamentos sobre os espazos virtuais

  • Breves cuestións a ter en conta á hora de informar nas redes sociais

Dúbidas e experiencias reais

  • Tratamento práctico de casos reais que se resolverán entre todas as persoas asistentes

 

Se estás interesado/a en participar, podes enviar  este formulario cuberto ao seguinte enderezo electrónico: escolaceferinodiaz@socialistasdegalicia.com,  ou cubrir o formulario on line: 


XORNADA: CONSTRUÍR O/A CANDIDATO/A

A xornada celebrouse o sábado 17 de novembro de 2018 de 10:30 a 14:30 na sede do PSdeG na Rúa do Pino 1-9 en Santiago de Compostela cos seguintes contidos:

Título: “Construír o  Candidato/a Electoral. Aspectos non discursivos na Comunicación Política

Relator: Iván Puentes.

Contidos:

  • Aspectos que inciden na imaxe e percepción da cidadanía con respecto ao candidato/a e condicionan o voto.
  • Elementos non racionais que teñen que ver coa comunicación non verbal
  • Aprender a xestionar os aspectos alonxados da comunicación tradicional que poden determinar o éxito ou o fracaso dunha campaña electoral
  • Efecto multiplicador das posibilidades dun bo resultado electoral

Título: “Os Valores Socialistas aplicados no ámbito municipal”.

Relator: Carlos Raya de Blas.

Contidos:

  • A xeneración dun discurso de valores.¿Qué valores? ¿Por qué os valores?
  • Os valores socialistas como fortaleza dialéctica.
  • Necesidades dos cidadáns: A escoita creativa.
  • Necesidades e valores socialistas: O proxecto
  • Discurso dun servidor do Pobo. Recensión práctica.

Título: “A Retórica e a práctica no discurso”

Relator: Loís Fermín Rodríguez Vázquez.

Contidos:

  • Qué é a retórica?.A retórica na historia.
  • Elementos do discurso: Que imos dicir ? De que imos falar?.
  • Establecemento dos contidos do discurso. Como imos organizar os contidos?.
  • Estrutura bipartita. Estrutura tripartita.

 

PARTICIPA