O responsable de Política Institucional e Acción Exterior do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, mantivo hoxe un encontro co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional –Agadi-, Daniel González Palau, a quen lle presentou o compromiso do goberno galego, a instancias do Grupo Socialista, de presentar nesta Lexislatura unha Lei de Acción Exterior de Galicia.
Villoslada sinalou as aportacións incluídas na Estratexia de Acción Exterior de Galicia –Egaex- no seu trámite parlamentario a proposta dos socialistas galegos para dar forma de Lei á estratexia internacional do goberno galego.
Os dous responsables analizaron a iniciativa do Igadi para esta nova etapa de analizar a dimensión da acción exterior nos poderes de ámbito local, sinaladamente as grandes cidades de Galicia.
González Palau presentou pola súa banda o memorando de actuacións do Igadi durante os últimos 25 anos, que presenta un balance das principais iniciativas do ente nesta etapa, sinalando o papel investigador e de análise que supón o traballo deste organismo para a proxección exterior de Galicia.