Moaña (Pontevedra), 1982
Diplomada en Xestión e Administración Pública pola Universidade de Vigo e Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago. A súa traxectoria laboral está vinculada co sector privado, principalmente en empresas do sector pesqueiro e da industria transformadora.
Actualmente é a tenenta de alcaldesa no Concello de Moaña, onde tamén exerce como voceira do Grupo Socialista.