Ourense, 1947
Mestra pola Escola de Maxisterio de Ourense, licenciada en Psicopedagoxía pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, é docente de Educación Primaria e Secundaria e membro do centro de Formación do Profesorado.
Foi concelleira de Educación no Concello de Vigo entre 2007 e 2011 e formou parte do Comité Nacional do PSdeG na provincia de Pontevedra.