A portavoz socialista de Medio Ambiente, Patricia Vilán, preguntou hoxe en comisión polo control efectivo que mantén a Xunta en materia de trazabilidade da madeira procedente de Brasil. Esta pregunta foi realizada polas denuncias do grupo ecoloxista, Greenpeace, de que estaba a chegar ao Porto de Vigo madeira procedente da tala ilegal.
En concreto, a empresa brasileira “Madeiras Cedroarana” comercializou con madeira ilegal a finais do ano pasado no Porto de Vigo. A orixe desta madeira está relacionado co masacre de Colniza (Brasil) na que foron asasinadas 9 persoas. “Cortáronlle a man, daquela a metade, arrincáronlle a lingua e tirárono ás chamas”, así reproduciu Vilán as declaracións dun dos sobreviventes da matanza.
Así mesmo, a deputada socialista lembrou que a UE aprobou en 2015 o regulamento EUTR polo cal os países membros están obrigados a investigar a orixe dos produtos madeireiros importados.
Pola súa banda, criticou que a Xunta aínda non aplicou o regulamento de control e tan só está nun proceso de comunicación, e dixo que “se agora están a aplicar as primeiras fases de información ás empresas, que é o que fixeron nos últimos 2 anos e medio”. Cuestionou que o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández – Couto, dixera hoxe que se trata dun procedemento “progresivo”.