A presidenta do PSdeG ocupa dende hoxe o lugar do senador valenciano Ximo Puig
A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, está dende hoxe á fronte da Comisión de Orzamentos do Senado. Na súa reunión desta mañá, previa ao pleno da Cámara Alta, os membros da comisión elixiron á senadora por Pontevedra para ocupar a presidencia, na que sucede a Ximo Puig.
O ata agora senador valenciano por designación autonómica vén de ser nomeado recentemente embaixador de España ante a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
Carmela Silva é tamén primeira tenente de alcalde do Concello de Vigo, presidiu a Deputación de Pontevedra (2011-2023) e foi portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Senado e deputada no Congreso en diferentes lexislaturas.