O secretario xeral do PSdeG mostrou o seu apoio aos servizos de emerxencias que traballan na atención á poboación afectada pola catástrofe e na busca das persoas desaparecidas
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou hoxe a súa consternación pola catástrofe que vén de causar a gota fría no Levante español. “Estamos absolutamente conmovidos e conmocionados pola traxedia”, asegurou esta mañá o líder socialista, que trasladou ás vítimas “toda a solidariedade” e “o cariño” da súa formación política.
Besteiro mencionou, especialmente, ás familias de quen faleceron e de quen permanecen desaparecidos, e trasladou o seu apoio aos servizos de emerxencias, que traballan nas comunidades afectadas pola DANA. Desexou que as súas tarefas poidan rematar “canto antes” e se así se estea en condicións de abordar, no máis breve espazo de tempo, a reparación dos danos materiais que causou o fenómeno meteorolóxico.
O secretario xeral brindou tamén todo o apoio do PSdeG ás medidas que sexan necesarias para axudar ás e os daminificados, como tamén ao envío de recursos dende Galicia. “Todo o noso compromiso co Levante español”, concluíu.