O líder dos socialistas galegos advirte que “mentres o Goberno de España actúa, o PP de Galicia cala. Galicia non pode esperar: esiximos a Rueda altura política e acción inmediata”
Lamenta o presidente da Xunta rexeite o diálogo en momentos críticos: “agora Galicia necesita unión e altura política”
O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento lamentou hoxe que “seis días despois de pedirlle unha reunión a Rueda para abordar as ameazas dos aranceis para os intereses económicos e sociais das e dos galegos, así como as oportunidades que se abren con Mercosur e o novo escenario europeo, obtivemos como única resposta a súa negativa a sentarse para abordar os problemas que afectan directamente á economía e ao futuro de Galicia”.
Advertiu que “xa vemos que para o PP de Galicia as perdas e ameazas que sufrimos non merecen coordinación nin resposta. Eles aínda seguen “estudando” mentres o Goberno de España xa está a poñer en marcha medidas de apoio”. Sinala que “é unha irresponsabilidade gravísima” e sinaloulle a Rueda que “en momentos críticos, Galicia necesita unión, diálogo e altura política”.
Apunta que “un presidente que pecha as portas cando máis se necesita acordo, falla á súa responsabilidade e falla a Galicia”. Exixiulle a Rueda “que se poña, el persoalmente, ao fronte desta situación, que deixe de minimizar os problemas e que explique de inmediato que medidas vai adaptar a Xunta de Galicia para reforzar e complementar as accións do Goberno central. Galicia non pode esperar”.
O líder dos socialistas galegos criticou que “o que vemos é que, unha vez máis, o señor Rueda prefire poñer por diante os seus intereses partidistas, negándose a dar a cara porque Feijóo segue ser aclarar se va a estar de lado dos sectores afectados o prefire a alianza con Vox”.
Explicou que “desde o Partido Socialista de Galicia tendemos a man unha vez máis: Poñer Galicia, por riba das siglas”. Rematou engadindo que “a pelota está no tellado de Rueda: pode seguir fuxindo ou pode comezar a actuar como un presidente de verdade”.