O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta critica que o candidato do PP dependa dos mandatos de Feijóo: “aquí parece que hai tutelas e tutíos”
Sinala que a Galicia lle iría mellor se deixáramos atrás “os paos nas rodas” que pon o Partido Popular para que o Goberno de España, a Xunta e os concellos traballasen “na mesma dirección”
Pontevedra, 23 de decembro de 2023. José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, esixiu este sábado a Alfonso Rueda que concrete “cando e como” quere debater “para falar diante de todos os galegos e galegas de todos os problemas que temos hoxe, de como os imos a solucionar e as oportunidades que temos”.
O tamén deputado no Congreso fixo estas declaracións logo de dar un paseo e facer unhas compras polo Mercado de Pontevedra, xunto a representantes e cargos do partido na cidade e na provincia, entre os que se encontraban o voceiro municipal, Iván Puentes, o secretario provincial, David Regades, a senadora Carmela Silva ou a secretaria xeral local, Maica Larriba. Así mesmo, os deputados autonómicos Julio Torrado, Leticia Gallego e Paloma Castro, así como o eurodeputado Nicolás G. Casares e o presidente da FEGAMP, Alberto Varela. Despois do mesmo, incorporouse a un encontro aberto coa cidadanía que celebraron na pontevedresa praza do Teucro.
Besteiro reclamou a Rueda que conteste ante o reto lanzado onte polo socialista para celebrar seis debates de aquí ata o día de celebración dos comicios autonómicos, sendo dous deles de política xeral e catro territorializados. “Queremos debater, discutir e confrontar os nosos proxectos e queremos que os galegos e as galegas o vexan, pero parece ser que Rueda non quere, ou non concreta se vai a haber debates ou non”, lamentou.
O socialista sinalou que “ao mellor equivoqueime e non tiña que haber emprazado a Rueda para facer os debates, ao mellor tiña que emprazar a Núñez Feijóo”, e ironizou con que están “facendo bo ese lema do Partido Popular de que aquí non hai tutelas nin tutías, aquí si parece que hai tutelas e hai tutíos”.
Emprazou ao candidato do PP a contestar canto antes porque entende que “temos tantos asuntos que tratar, tantos proxectos que por enriba da mesa para os próximos anos que é necesario que Rueda se sente nunha mesa, eu noutra e con quen queira máis para falar diante de todos os galegos e galegas de todos os problemas que temos hoxe, de como os imos a solucionar e as oportunidades que temos”.
TRABALLAR NA MESMA DIRECCIÓN
Así mesmo, remarcou que “imos comezar o ano cun Goberno de España con moitísimos proxectos para Galicia, imaxinemos todos os galegos o bo que sería que o vindeiro ano que todos os galegos traballaran na mesma dirección”. Besteiro afirmou que a cidadanía require que o Goberno de España, a Xunta e os concellos traballen unidos e deixar atrás a alternativa do PP “que vimos vendo durante os últimos anos, paos nas rodas, confrontación, líos e cero solucións”.
Como exemplo do compromiso do Goberno de España con Galicia, apuntou que “hoxe mesmo, publícanse xa as novas axudas a proxectos enerxéticos de Transición Xusta en toda Galicia”, sendo que estes proxectos “durante o último ano non foi capaz o PP de poñelos en marcha”. Denunciou que o goberno de Rueda actúa “con confrontación, enfadámonos cos concellos, enfadámonos con todo o mundo, peor non solucionamos problemas nin facemos mellor a vida dos cidadáns en Galicia