A deputada do PSdeG defendeu a emenda transversal do PSdeG ás contas do goberno galego, que están sustentadas na “publicidade e a propaganda” e “non atallan os grandes problemas do país”
A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, defendeu hoxe a emenda transversal do PSdeG aos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2022. Na súa intervención , a parlamentaria socialista contrapuxo a visión “conservadora e neoliberal” do Partido Popular fronte a visión “progresista e socialdemócrata” dos socialistas.
Nesta liña, incidiu en que o goberno galego sitúa a necesidade de cadrar as contas por enriba das necesidades das persoas, susténtaas “na publicidade e na propaganda” e, polo tanto, orzamentos “non poñen as bases para cambiar a estrutura produtiva do país”.
Para cambiar esta situación cunha política “útil para as persoas”, o PSdeG solicitou mobilizar 466 millóns de euros dos orzamentos, incrementando fundamentalmente as partidas destinadas a potenciar e fortalecer a sanidade (115 millóns de euros), a educación (79 millóns de euros), os concellos (60 millóns de euros, incluíndo un fondo extraordinario covid), o comercio (50M de axudas adicionais), as políticas sociais (46 millóns de euros), a vivenda (21 millóns adicionais) e os sectores produtivos (20 millóns de euros). O Partido Popular votou en contra.
OS ORZAMENTOS DA XUNTA NON ATALLAN OS GRANDES PROBLEMAS DE GALICIA
Na súa intervención no pleno do Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo alertou de que as contas da Xunta para o ano que vén “volven caer nos mesmos erros que nos 12 últimos anos do goberno Feijoo”, cuns orzamentos que “tamén foron os mesmos cando medrabamos en torno ao 2-3 por cento durante 6 anos consecutivos”.
A consecuencia disto, “novamente coas mesmas partidas e os mesmos programas”, as contas do goberno galego seguen sen atallar as grandes desigualdades, sen reverter os recortes nos servizos públicos, sen recuperar o número de persoas ocupadas de 2009, sen planificar unha política industrial cos retos de futuro ou sen frear a sangría demográfica galega. Neste escenario, Rodríguez Rumbo denunciou que os orzamentos da Xunta “non empregan todos os recursos ao seu alcance” para atender ás persoas, aos sectores económicos e aos servizos públicos co obxectivo de “evitar as desigualdades nesta grave crise sanitaria, económica e social”.
AS MENTIRAS DO GOBERNO GALEGO
A maiores, Begoña Rodríguez Rumbo desmontou unha por unha as “mentiras” do goberno galego con respecto ás contas para o vindeiro ano. Así, por exemplo, remarcou que -fronte ao mantra de que estas son as contas máis altas da historia- o orzamento consolidado diminúe nun 2,36 por cento con respecto a 2021.
Ademais, en contra do que sostén o goberno galego, tampouco son os que teñen maiores recursos para apoiar as familias e aos sectores produtivos. Neste aspecto, a deputada socialista salientou que os programas destinados a protección e inserción social, a prestacións ás familias e a infancia á conciliación ou a xuventude e persoas maiores baixan en 42 millóns de euros.
Begoña Rodríguez Rumbo advertiu que “tampouco serven para fortalecer a sanidade” pois as contas baixan en 8 millóns de euros. Como evidencia da falta de compromiso do PP, a deputada socialista criticou que se destinan máis de 700.000 euros para 52 capeláns cando, por contra, “se despide a un importante número dos profesionais sanitarios que precisa o sistema”. Nesta liña, incidiu en que, 12 anos despois, a Xunta destina á sanidade 200 millóns de euros menos que o que se consignou nas contas de 2009 polo goberno de Emilio Pérez Touriño.
A parlamentaria do PSdeG tamén lamentou que descendan en 15,4 millóns de euros as partidas para educación, en 67 millóns as de apoio á modernización e á mellora da competitividade das empresas ou en 12 millóns ás da sociedade da información e o coñecemento. “En total”, enfatizou Rodríguez Rumbo, “o suposto reforzo en gasto social e políticas de emprego da Xunta supón como mínimo 176 millóns de euros menos”.
Por outra banda, a deputada do PSdeG sinalou a incongruencia de presumir do maior orzamento da historia cando, ao mesmo tempo, a Xunta afirma que hai menos ingresos procedentes do Estado, máis rebaixas fiscais e menos endebedamento. “Trátase dunha fórmula que non cadra”, sinala Begoña Rodríguez Rumbo, “porque, se os ingresos non medran e o endebedamento tampouco, é imposible que poidan medrar os gastos”. Así, lembrou que esta situación é posible grazas ás elevadas cantidades adicionais que chegan do goberno central e da Unión Europea.
BENEFICIOS FISCAIS PARA OS QUE MÁIS TEÑEN
En paralelo, Begoña Rodríguez Rumbo criticou as rebaixas fiscais recollidas nos orzamentos pola Xunta porque benefician aos que máis teñen. Un filosofía que vai en contra da que defende o PSdeG de que “nestes momentos nos que se precisan máis ingresos, os que teñen moito máis tamén deben contribuír moito máis”.
Porén, a Xunta propón unha rebaixa de 19 millóns de euros do IRPF que “ten maior impacto entre os que máis gañan, mentres que para a gran maioría a rebaixa vai ser tan só de 1 euro ao mes”. A maiores, a rebaixa con maior impacto é a baixada do 25 por cento sobre a cota do imposto sobre o Patrimonio, que a Xunta contifica en 17 millóns de euros para este exercicio.
Así as cousas, Rodríguez Rumbo advertiu que, “se temos en conta todas as rebaixas aplicadas, supoñen 137 millóns de euros menos de ingresos por parte das persoas que máis teñen na nosa comunidade”.
466 MILLONS DE EUROS PARA AS PRIORIDADES DO PAÍS
Neste contexto, o Grupo Socialista presentamos unha emenda transversal na que se mobilizan 466 millóns de euros.
8.VIVENDA: 21M€ principalmente para:
12.MEMORIA HISTÓRICA: 1,5 millóns de euros
13.MEDIO RURAL: 9 millóns de euros para:
14.DEPORTES: creación dunha partida específica de apoio ao deporte feminino dotada con 1,5m€.