A multinacional escolleu Santo Tirso, a 60 minutos da fronteira con Galicia, porque “o goberno galego obvia á industria como sector produtivo”
O secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato, ven de sinalar que a falla de política industrial do goberno galego provocou que a multinacional Airbus escollera a localidade portuguesa de Santo Tirso, a apenas 60 minutos da fronteira con Galicia, para situar a súa nova planta industrial por riba de calquera localización galega.
Lamentou que “Galicia perde unha boa oportunidade de ubicar unha multinacional no seu territorio” debido as “carencias na Xunta de Galicia e na falla de interese do Executivo autonómico polas políticas industriais”. Sinalou que o goberno galego “obvia á industria como sector produtivo” e por iso “ningunha empresa ve atractivo instalarse no noso territorio”.
O responsable socialista lamentou que o Executivo autonómico non estea á altura da tradición industrial coa que conta Galicia, que “sempre fora referente industrial a nivel nacional e internacional” en algunha das súas comarcas e cidades.