Carmen R. Dacosta acusa ao goberno galego de dilapidar 105.000 euros de fondos europeos para un sendeiro que tiña que ser inclusivo pero que está “incompleto e con serios problemas para a mobilidade”
A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta esixiulle hoxe á Xunta que repare a desfeita que ten provocado no sendeiro da parroquia de Riocaldo -Lobios- e o faga verdadeiramente accesible e respectando o entorno natural. Dacosta presentou unha pregunta oral na Comisión do Medio Rural na que acusou ao goberno galego acusou hoxe ao goberno galego de dilapidar os 105.000 euros de fondos da UE para este proxecto.
Explicou que os cartos tiñan que servir para construír un sendeiro inclusivo, pero non está rematado e ademais a parte construída “non reúne as condicións mínimas de accesibilidade”. Lembrou que o sendeiro tiña que estar pensado para persoas con problemas de accesibilidade, pero ao goberno galego non se lle ocorreu mellor idea que poñer pedras para salvar un regato “en troques de facer un pequeno pontillón ou calquera outra solución”.
Ademais, percorre zonas inundables do Río Caldo sen acondicionar, cun risco evidente para os usuarios con mobilidade reducida. Criticou a “falla de planificación e de pevisión” por parte do goberno galego neste proxecto, que ía ser un sendeiro circular pero quedou nun paseo incompleto de apenas 1 quilómetro de longo, deixando “sen acondicionar e sen rematar a maior parte do treito”, deixando unha lamentable imaxe de “desleixo e abandono”.
Ademais, considera “inadmisible” que a Xunta empregara formigón para unha senda mergullada na área de influenza dun parque natural e reserva da biosfera transfronteiria como é o Xurés – Gerés, e pasando a carón do xacemento arqueolóxico de Aquis Ogeresibus, convertendo unha senda accesible nunha auténtica “chapuza medioambiental”.
Esta actuación da a medida, dixo, da “mala praxe, falla de planificación e de obviar as pautas precisas en sendas accesibles para potenciar o turismo de natureza”, ademais de que amosa o “abandono, desleixo, desinterese e falta absoluta de estratexia” para potenciar o Parque Natural da Baixa Limia. Este atópase dende hai tempo “en punto morto” por un goberno que non se preocupa nin de manter en pé os paneis que marcaban o parque na N-540.