O deputado socialista, José Manuel Pérez Seco, pediulle está mañá a Xunta e a Consellería de Industria que tomen a iniciativa para solucionar a situación de Poligal. Así o fixo hoxe tras unha reunión co comité da empresa; na que tamén participaron o Voceiro do Grupo Socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, e o Portavoz de Industria, Abel Losada; onde escoitou súas demandas e manifestoulles o apoio do grupo socialista.
Trala celebración das eleccións sindicais, o pasado día 22, a dirección da empresa pertencente ao Grupo Peralda, comunicáballe aos traballadores que a fabrica de Narón é insolvente e, por non poderen facer fronte ás súas obrigas, vai ser un administrador concursal o interlocutor que se ocupe de xestionar o futuro da fábrica de plásticos do sector da alimentación.
A empresa, que conta cun cadro de persoal de 108 traballadores directos, así como con empresas que dependen da súa actividade, está situada no Polígono das Gándaras de Narón e é un dos principais fabricantes europeos de film de polipropileno biorentado (BOPP) e polipropileno cast (CPP). Ten fábricas, ademais de en Galicia, en Portugal e Polonia. O peche da empresa suporía, ademais da perda dunha empresa moi valiosa pola súa importancia no sector, outro golpe para unha comarca moi castigada pola perda do tecido industrial galego.