Lage Tuñas ve a Rueda “en fóra de xogo” no día a día, carente de proxecto para Galicia e critica que estea máis pendente de Feijóo que dos problemas dos galegos e galegas
O secretario de Organización do PSdeG inaugurou este sábado a Casa do Pobo de Santa Comba (A Coruña), nunha xornada na que tamén participará en Ribeira na manifestación contra o veto da UE á pesca de fondo e na homenaxe dos socialistas da Estrada a Manuel Otero Espiño
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, inaugurou hoxe a Casa do Pobo de Santa Comba (A Coruña) abrindo así unha nova etapa dos socialistas nesta vila coruñesa. Alí puxo en valor a experiencia dos gobernos municipais socialistas “para construír unha alternativa progresista en Galicia”.
Lage Tuñas destacou “a inmensa satisfacción” de poder inaugurar unha nova sede do PSdeG-PSOE, ao tempo que felicitou á militancia socialista do concello de Santa Comba polo importante esforzo que están facendo para “reconstruír” o espazo progresista nesta localidade. Avanzou que antes de que remate o ano “presentarase o candidato” para as vindeiras eleccións municipais, “co obxectivo claro de ofrecerlle a Santa Comba o mellor equipo progresista posible para gobernar o concello”.
O responsable de Organización do PSdeG recordou na súa intervención ao fundador do partido, o ferrolán Pablo Iglesias Posse, para animar á militancia a seguir incrementando a familia socialista en Santa Comba: “Sodes socialistas non para amar en silencio as vosas ideas nin para recrearvos coa sua grandeza e co espíritu de xustiza que as anima, senon para levalas a todas partes”.
Tamén salientou Lage como exemplo de boas políticas “aos màis de 110 gobernos municipais liderados polo socialismo galego” e explicou que “para construír unha alternativa progresista en Galicia temos a mellor base, a xestión e a experiencia do PSdeG gobernando a máis da metade da poboacion nos concellos galegos”.
“As elecciòns municipais son fundamentáis para reforzar a alternativa ao PP na Xunta”, engadíu Lage, que salientou que no PSdeG “temos ideas, temos equipos, e temos a experiencia de moitos anos facendo boas políticas públicas desde os concellos”.
“FÓRA DE XOGO”
Tampouco deixou pasar a ocasiòn de destacar a pasividade do goberno galego diante de asuntos de interese xeral para Galicia, e advertíu Lage que “Rueda está máis pendente de Feijóo que dos problemas dos galegos e galegas”.
No tocante a Alfonso Rueda, dixo que está “en fòra de xogo” no día a día e “carente de proxecto para Galicia”. E rematou dicindo Lage que “a única alternativa progresista viable para cambiar Galicia pasa polas boas políticas municipais que facemos os socialistas”.
O responsable de organización do PSdeG estivo acompañado da candidatura local, encabezada por Carlos Turnes Romero, o coordinador comarcarl, Antonio Leira, así como distintos portavoces e alcaldes da comarca como Luis Rey de Oroso ou Pablo Lago de Brión.
Logo de Santa Comba, o secretario de Organización do PSdeG participará en Ribeira na manifestación en defensa da pesca galega, convocada para as 19,00 horas, e rematará a xornada na Estrada, na xuntanza socialista que homenaxeará ao histórico Manuel Otero Espiño, falecido o ano pasado.