Xuventudes Socialistas de Galicia reclamou no o seu Comité Nacional en Santiago que a Xunta restaure un servizo eficiente de Noitebus, un programa para facilitar os desprazamentos dos mozos durante o verán e o cofinanciamento do transporte público a demanda en áreas rurais
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2024. As Xuventudes Socialistas de Galicia celebraron hoxe en Santiago de Compostela o seu Comité Nacional, onde se levou a cabo unha valoración exhaustiva do curso político. O evento contou coa intervención de Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas, e Enrique García, Secretario de Organización das Xuventudes.
Xurxo Doval destacou o balance positivo do curso político a pesar dos desafíos atopados no camiño. “Desde setembro do ano pasado ata hoxe, traballamos incansablemente. Comezamos coa reivindicación das primeiras matrículas universitarias gratuítas, unha campaña polo 25N, e a elaboración dun novo e orixinal programa electoral para as eleccións autonómicas”, afirmou Doval. Subliñou a dedicación e o esforzo de todos os membros durante a campaña electoral das autonómicas.
Doval tamén mencionou as iniciativas presentadas neste tempo, como a das matrículas universitarias gratuítas que, aínda que inicialmente votada en contra polo Partido Popular, foi posteriormente adoptada, aínda que de maneira incompleta. As mesmo, resaltou o éxito da campaña das eleccións europeas nun contexto de persecución política e desinformación, comparando a situación actual coa vivida en Galicia fai dez anos .
O secretario xeral de Xuventudes criticou duramente a xestión do presidente da Xunta: “Levamos cen días onde seguramente podemos contar dunha forma máis sinxela cos dedos das mans as medidas para os mozos anunciados polo presidente da Xunta que todas as pulseiras de acceso VIP a festivais que debe levar no seu brazo”.
“As Xuventudes Socialistas seguimos reivindicando o papel do goberno de España e logramos un posicionamento das Xuventudes a nivel estatal en contra do proxecto de Altri. Ademais, estamos a traballar no ámbito da vivenda e outras áreas cruciais para a mocidade galega en colaboración cos nosos parlamentarios”, concluíu Doval, subliñando a importancia de seguir adiante con enerxía e determinación para enfrontar os retos do próximo ano.
Enrique García presentou o informe organizativo e as estratexias implementadas durante o curso. “Traballamos incansablemente para desenvolver a mobilidade como un dereito, co Goberno de España ofrecendo descontos de ata o 90 % no transporte, grazas ao programa Verán Novo”, explicou García. Reclamou á Xunta de Galicia que implemente unha campaña similar para facilitar os desprazamentos dos mozos durante o verán.
García denunciou a xestión da mobilidade por parte da Xunta de Galicia, sinalando o desmantelamento de servizos esenciais como o Noitebus. “Defendemos un modelo de mobilidade baseado na eficiencia, a intermodalidad e a accesibilidade, tanto en áreas urbanas como rurais. Propoñemos a implementación dun transporte a demanda cofinanciado pola Xunta para asegurar que os mozos do rural non queden desatendidos”, afirmou García.
En resumo, García destacou as seguintes propostas:
-Implementación do programa Verán Mozo en Galicia para facilitar os desprazamentos dos mozos.
-Reinstauración dun servizo eficiente de Noitebus que conecte tanto áreas urbanas como rurais.
-Cofinanciamento do transporte á demanda en áreas rurais.
As Xuventudes Socialistas de Galicia esixen á Xunta que cumpra coas súas competencias en materia de mobilidade, tal como establece o Estatuto de Autonomía, e que responda adecuadamente as necesidades da mocidade galega.