A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, dixo que o vicepresidente da Xunta de ter provocado a primeira folga da Xustiza na historia de Galicia pola discriminación e precarización do persoal desta administración. Así o dixo no debate dunha interpelación que foi presentada no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, na que o acusou de “manter unha xustiza do século XIX”.
A responsable socialista criticou a “arrogancia, soberbia e prepotencia” do responsable da administración de Xustiza en Galicia, que “non entende o significado da palabra diálogo”. Acusouno de levar oito anos de xestión sen manter un só encontro cos sindicatos da Xustiza para avaliar as súas condicións que “inciden na peor calidade do servizo á cidadanía”.
Lembra que Galicia conta cun 24,98 por cento menos de persoal que no resto do Estado en relación á poboación, que ten perdido entre 2013 e 2016 o equivalente a 3 pagas extraordinarias.
Estes traballadores e traballadoras son “discriminados” con respecto a outras comunidades “en cuestións como o complemento autonómico transitorio, os descontos por incapacidade, menos permiso de maternidade, ou substitucións”, ou con prazas de reforzo que se teñen prolongado durante máis de 15 anos.
Folga
Vilán levou ao Parlamento as protestas dos traballadores e traballadoras, que o pasado venres 1 de decembro protagonizaron unha folga “masiva” na administración da Xustiza que uniu aos sete sindicatos. Advirte que se a Xunta se resiste a abrir o diálogo repetirán estas protestas o próximo día 13, cunha folga que “podería chegar a indefinida”.